Thursday 28 de March de 2024

O artista Pelayo López Triviño explicará este venres a partir das 17:30h aspectos da súa obra e do movemento Urban Sketchers


Charla e visita guiada pola exposición “Os debuxos de Pelayo”, aberta na Casa do Concello de San Sadurniño

O pintor e debuxante Pelayo López Triviño, autor da exposición “Os debuxos de Pelayo”, ofrecerá este venres unha charla explicativa sobre as técnicas que utiliza nas súas obras. O encontro terá lugar no salón de plenos a partir das 17:30h e nel o artista falará de debuxo rápido en libretas, da utilización do espazo negativo e dos materiais que el emprega, principalmente a pluma e acuarela.

López Triviño tamén comentará en que consiste o movemento internacional Urban Sketchers, do que el forma parte, e dará consellos para todas aquelas persoas que queiran iniciarse no debuxo urbano.

A tarde rematará cunha visita guiada pola mostra temporal aberta na galería do Concello ata o próximo 20 de febreiro en horario de 8:30 a 14:30h de luns a venres.

Ligazón á nota con información completa publicada hai uns días